Patrimonio rehabilita o castro de Viladonga

O orzamento previsto é de 200.000 euros

29/6/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

A Dirección Xeral de Patrimonio destinou 200.000 euros á restauración do castro de Viladonga, onde deben ser consolidadas estruturas de varias áreas do xacemento, entre elas a casa grande cun hipotético uso comunitario, e partes da muralla afectadas polos temporais. Felipe Arias, director do castro, lembrou que o traballo de consolidación é prioritario nestes momentos no xacemento. O plan de consolidación consta de dúas campañas de dous meses de duración cada una, e durará dous anos.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castro de Viladonga, Dirección Xeral de Patrimonio