Manuel Bermejo, hoxe no Consello da Cultura Galega.
O catedrático de Química da USC Manuel Bermejo fala con tanta paixón dos elementos da famosa táboa periódica que inventara o ruso Mendeléyev hai máis de 150 anos e que aínda continúa a ser unha das ferramentas imprescindibles para ensinar Química. Hoxe o Consello da Cultura conmemorou esa data coa celebración dunha xornada na que se presentou unha tradución ao galego da táboa periódica (que podes descargar nas ligazóns desta nova) e explicou as súas conexións con Galicia.
Por que esta táboa periódica en galego?
A razón é cultural. Nós somos mundo. Todo o mundo ten a súa táboa periódica e nós que temos mundo, cultura e lingua, tamén debiamos tela. Traballamos cos axentes de Termigal para perfilar a terminoloxía e puxemos a nosa visión científica para verificar a idoneade dos termos.
Aludiu varias veces á necesidade de que se perciba Galicia na ciencia que se fai.
Non é máis que o que sucede no resto do mundo. En Galicia non temos por que facer ciencia foránea, senón unha ciencia desde aquí para todo o mundo. O noso grupo de investigación de químicas en Santiago de Compostela chegou a ser o octavo do mundo a finais do século pasado e agora estamos quedando moi atrás porque non podemos reter á xente e os maiores se xubilan. Non hai reposición nin xente nova que entre. Os que están no estranxeiro non poden volver.
Como pode Galicia axudar aos rapaces a entender esta táboa?
O que pretendemos tanto coa táboa e co libro é dicirlle aos nenos como é o noso país. Que metais e outros materiais do noso país foron transcendentais na Historia e aínda o seguen a ser. Por que son tan importantes as augas de Galicia? Son das máis saudables do mundo porque teñen unha serie de oligoelementos no seu interior que son fundamentais para a vida. O litio, por exemplo, que é un antidepresivo extraordinario e as nosas augas o teñen.
Por que segue a ser a táboa periódica un material tan didáctico?
Esa é a xenialidade de Mendeléyev. Tivo a intuición de, ao ordenar dos elementos, enterarse a periodicidade. Os que están uns debaixo de outros teñen propiedades periódicas. A medida que vai incrementándose a súa base atómica, van variando as súas propiedades modularmente. Iso nos permite, coñecendo a táboa, contarlle aos nosos alumnos, como se desenvolveu toda a química. O único cambio que estamos producindo na actualidade non é do sistema periódico, senón no tamaño dos sistemas. Antes traballamos no mundo macroscópico, logo seguimos no microscópico e agora estamos no nanoscópico. En Galicia temos unha farmacéutica extraordinaria, María Xosé Alonso, que está a traballar en nanopartículas na medicina: como introducir medicamentos no interior dos organismos vivos.
Cal sería o seguinte paso na divulgación da química?
Hai que ter en conta que en Galicia temos xa cousas feitas que non están noutros países do Estado, coma o Álbum da Ciencia do Consello da Cultura Galega. Comezamos traballando desde o voluntarismo de tentar coñecer como era o noso país, como era a ciencia que se facía aquí. E descubrimos que non eramos uns ninguén. Que había xente como Tomás Batuecas, Domingo Fontán, Antonio Casares, Ramón de la Sagra, que eran autoridades en todo o mundo. Se non estiveran só en Galicia, serían coñecidos mundialmente. Desde aquí non tiñamos unha gran proxección.
Estamos retrasados no sentido de que non somos capaces de chegar á sociedade. Non sabemos vendernos. Non sabemos dicirlle á xente o trascendental e importante que é a química. Nós somos tan lonxevos hoxe en día e somos tantos millóns de habitantes porque a química inventou os adubos, e de ter unha única colleita e mala pasamos a ter moitas. Non se nos coñece. Moita xente cando non lle gusta un viño di que ten "moita química". Pero se agora os viños son mellores grazas á química! Non atopamos á persoa con gancho que consiga contarlle á sociedade todo isto.
Ás autoridades públicas non están pola labor de implicarse na divulgación. Pero o futuro está pendente da divulgación que se faga hoxe no presente. Canta máis xente consigas agora que se incorporen ao carro da ciencia, máis científicos teremos no futuro.