Andrés Torres Queiruga acaba de ser galardoado co premio Trasalba 2003. Así o decidiu por unanimidade a Fundación Otero Pedrayo quen valorou o seu compromiso coa relixión e co idioma galego. Pero esta fin de semana tamén se decidiron outros galardóns. Xabier Quiroga por Atuado na braña e Domingo Docampo por Tecnoloxías das comunicacións acadaron os premios Antón Losada Diéguez. E por último, Paula Carballeira con Paco; Agustín Fernández Paz con Un tren cargado de misterios e Beatriz García por Valdamor foron galardoados co premio Lecturas.
Máis información sobre o Premio Trasalba en
La Voz de Galicia e El Correo Gallego








