O filme Psiconautas de Alberto Vázquez preseleccionado para os Oscar

Competirá con outras 24 candidaturas para ser finalista

O galardoado filme de animación Psiconautas acaba de ser preseleccionada a mellor filme de animación para esta edición dos Oscars, que se entregarán en Los Ángeles o vindeiro 4 de marzo. O filme, realizado por Alberto Vázquez a partir dunha banda deseñada anterior publicada en Astiberri, é parte dos vintecinco títulos internacionais que finalmente ficarán reducidos a cinco finalistas. Esta selección súmase á lista de recoñecementos internacionais que Psiconautas está a conseguir.