Xinzo recupera o Festival FAX

Pecha cartel o Vive Nigrán

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
Xinzo recupera o Festival FAX

Naceu en 2004 como Festival Alternativo de Xinzo e durante catro anos así seguiu ata que marchou de Xinzo a Ourense para chamarse Festival Alternativo da Xuventude mantendo ao seu apelativo no acrónimo FAX na súa derradeira edición antes de desaparecer. Agora, o evento renace no seu berce orixinario na capital da comarca da Limia e faino para o vindeiro 5 de agosto cun cartel de artistas galegas encabezado por Sés e no que tamén estarán Eladio y los Seres Queridos, Coanhadeira e Habitación Vudú. O evento, que comezará ás 20:30 horas, está pensado como ferramenta de promoción turística da Limia para esas datas do verán e parte dos 8 euros que custa a entrada doarase á asociación Limisi, que traballa na comarca para a mellora das condicións de vida das persoas con discapacidade intelectual.

Por outra banda, cando faltan poucos días para o comezo en Caldas do festival PortAmérica, o Concello de Nigrán ven de anunciar o cartel artístico completo do evento que o substitúe na programación de verán nigranés, o Vive Nigrán, creado para substituír o PortAmérica e que se presenta como Picnic Pop Festival no entorno da Praia América para o 26 e 27 de agosto. As primeiras confirmacións do festival foron o dueto catalán Las bictecs, Joe Crepúsculo, Viva Suecia e o novo proxecto Basanta, aposta local. Tamén estará Da chick, e a nova formación de Amparo Llanos (Dover), New day. O folk-pop de Os Amigos dos Músicos, as rancheiras e corridos dos vigueses Los Duques de Monterrey e o R&B e hip-hop contemporáneo baixo a vangarda dixital de BFlecha, completan o sabor galego do festival. Incluído no circuito Rías Baixas Fests, Vive Nigrán será a última parada das 8+1 que patrocina a Deputación de Pontevedra.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Festivais de Música

Ver serie completa
Dez festivais de verán entran na posta en marcha da marca Fest Galicia

Dez festivais de verán entran na posta en marcha da marca Fest Galicia

O programa da Xunta busca crear un selo de calidade profesional nos festivais do territorio

Agadic crea un programa de marca conxunta e impulso para os festivais de música

Agadic crea un programa de marca conxunta e impulso para os festivais de música

Fest Galicia está pensado para apoiar ao sector profesional da produción destes eventos

Desaparece o Festival V de Valarés de Ponteceso

Desaparece o Festival V de Valarés de Ponteceso

As presións medioambientais e outras trabas sepultan o evento que celebraría este ano a súa XIIª edición

O Son do Camiño esgota 20.000 abonos en dúas horas

O Son do Camiño esgota 20.000 abonos en dúas horas

As vendas virtuais para o festival desbordáronse mentres os prezos ían crecendo

O patrocinio de O Son do Camiño levanta protestas

O patrocinio de O Son do Camiño levanta protestas

A asociación de empresas musicais e os partidos da oposición reclaman máis transparencia

Seis festivais galegos son finalistas nos Iberian Festival Awards

Seis festivais galegos son finalistas nos Iberian Festival Awards

O XIIº Resurrection Fest de Viveiro acada oito candidaturas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Limia, Vive Nigrán, Sés, Xuventude...