A Federación de Libreiros presenta hoxe en Compostela o Mapa das Librerías de Galicia, un estudio que analiza a situación deste sector a partir dos datos facilitados por 638 establecementos. O informe foi realizado en colaboración entre a Federación e a Universidade de Santiago, e publicouno a Consellería de Cultura. No texto descríbese cada un dos establecementos, analízase o asociacionismo entre libreiros e propóñense medidas para dinamizar o negocio.
Máis información en O Correo Galego








