O Resurrection Fest é o festival máis multitudinario de Galicia

O Festival de Ortigueira e o PortAmérica seguen á cita de Viveiro en asistencia

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

As 54.000 persoas que visitaron o pasado ano o Resurrection Fest de Viveiro sitúan este evento como o festival musical máis multitudinario do noso país. Así o asegura un estudo realizado polo servizo de venda de entradas Ticketea e que recolle hoxe El Progreso. A cita dedicada ao metal despraza así un dos eventos máis tradicional do noso panorama musical, o Festival do Mundo Celta de Ortigueira, que fica en segundo lugar 50.000 participantes. O terceiro posto é para outro evento con poucas edicións ás costas como é o PortAmérica, que levou 35.000 persoas a Nigrán o último ano.

Que che parece esta nova?
61 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Festivais de Música

Ver serie completa
Dez festivais de verán entran na posta en marcha da marca Fest Galicia

Dez festivais de verán entran na posta en marcha da marca Fest Galicia

O programa da Xunta busca crear un selo de calidade profesional nos festivais do territorio

Agadic crea un programa de marca conxunta e impulso para os festivais de música

Agadic crea un programa de marca conxunta e impulso para os festivais de música

Fest Galicia está pensado para apoiar ao sector profesional da produción destes eventos

Desaparece o Festival V de Valarés de Ponteceso

Desaparece o Festival V de Valarés de Ponteceso

As presións medioambientais e outras trabas sepultan o evento que celebraría este ano a súa XIIª edición

O Son do Camiño esgota 20.000 abonos en dúas horas

O Son do Camiño esgota 20.000 abonos en dúas horas

As vendas virtuais para o festival desbordáronse mentres os prezos ían crecendo

O patrocinio de O Son do Camiño levanta protestas

O patrocinio de O Son do Camiño levanta protestas

A asociación de empresas musicais e os partidos da oposición reclaman máis transparencia

Seis festivais galegos son finalistas nos Iberian Festival Awards

Seis festivais galegos son finalistas nos Iberian Festival Awards

O XIIº Resurrection Fest de Viveiro acada oito candidaturas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Resurrection Fest, Portamérica, Viveiro, Festival de Ortigueira...