
Alberto Balboa, coordinador do festival, presentou a programación do 40º aniversario, e as 5 bandas referentes mundiais do folk cabezas de cartel xa confirmadas: ÍMAR, con músicos de Escocia e País de Gales, con novas xeracións de músicos que actuarán por primeira vez en España. Desde Quebec, Canadá, a banda de YVES LAMBERT, músico fundador da mítica "La Bottine Sourient" aue dará o seu único concerto en Europa. Un espectáculo único e feito a demanda do Festival, cunha espectacular banda de música. De Irlanda, KILA, unha das lexendarias bandas da música celta máis orixinal. LÚNASA, unha das bandas máis internacionais da música Irlandesa. E naturalmente, a ESCOLA DE GAITAS DE ORTIGUEIRA, fundadores do festival en 1978. Os gaiteiros escoceses da NATIONAL YOUTH PIPE BAND OF SCOTLAND, a banda "oficial" de Escocia. De Asturias o gaiteiro RUBÉN ALBA, gañador varios anos do concurso de solistas de Lorient, coa súa banda e novo disco. E de Galicia, estará MILLADOIRO, mítica banda irmandada con Ortigueira. Ademais un novo proxecto galego, con músicos de recoñecido prestixio: OS DABAIXO. Ademais doutras actuacións musicais, como a de novos talentos: GABRIEL G. DIGES, gañador da pasada edición do proxecto Runas, BELTAINE -Polonia, THE TAVERNERS -Castilla León, BRUMAFOLK -Cantabria, finalistas do "proxecto Runas" bandas de gaita, exposicións, obradoiros e actividades paralelas.