Budiño, Cristina Pato e Sharon Shannon encabezan o cartel en Ortigueira

O Festival do Mundo Celta celebrarase entre o 16 e o 19 de xullo

6/7/2015 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

A XXXI Edición do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira desembarcará nesta vila entre o 16 e o 19 de xullo. A organización anunciaba o pasado venres o cartel o evento, que chega con Budiño, Cristina Pato e mais a acordeonista irlandesa Sharon Shannon como cabezas. Canda a eles, pasarán polo escenario Xabi Aburruzaga, Finnegan-McSherry Project e Capercaillie. A estas propostas súmase o desfile de Bandas de Gaitas no que participarán formacións como o franceses Bagad Beuzeg, os escoceses The Vale e a Escola de Gaitas de Ortigueira, entre outras.

A estas propostas sumaranse, como non, os gañadores do Proxecto Runas para grupos emerxente, no que compiten nesta xeira cinco proxectos. Os galegos Andrés Penabad e Alén de Ancos, os irlandeses Gabriel G. Diges Bans e Perfect Friction e mais a madrileña JDC&Band optan a se incorporar ao cartel do evento.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ortigueira, Cristina Pato, Budiño, Celta

Claves

Protagonistas
Entidades
Lugares