O Festival do Mundo Celta de Ortigueira presenta programa

Tres grupos de Eslovenia, Irlanda e Xapón competirán na final do Proxecto Runas

O Concello de Ortigueira ven de presentar a programación da que será a 33ª edición do Festival do Mundo Celta. Entre o 13 e o 16 de xullo case vinte agrupacións folk de diferentes partes do mundo pasarán polo Escenario Estrella Galicia entre as 21 horas e a madrugada. A fase final do Proxecto Runas abrirá o festival coas actuacións das tres bandas seleccionadas para esta competición na que se decidirá cal delas volverá para a seguinte edición do evento. As formacións finalistas son: os xaponeses Koji Koji Moheji, os eslovenos Noreia e o irlandés Gabriel G. Diges. Un deles gañará un posto no cartaz do Festival de Ortigueira 2018 e un premio en metálico de 3.000€. Entre as novas liñas do festival destaca que as actuacións da tarde do domingo serán exclusivamente a cargo de formacións galegas, neste caso Gamelas e Anduriñas; Os Carecos e Amigos; Treixadura e Cantigas e Agarimos e A Roda. Pero a presenza musical galega non estará limitada a esta tarde xa que no resto do programa tamén están a banda Crebinsky,a Escola de Gaitas de Ortigueira, o gaiteiro Óscar Ibáñez &Tribo e os galego-iralnadeses Böj. Compartíndo as táboas con eles o cartel deste ano ofrece as actuacións de outros músicos de primeiro nivel internacional no escenario Estrella Galicia coma Usher’s Island; Harmonica Creams; Sckerryvore; Scoot Wood Ban; The California and District Pipe Band; Michael McGoldrick Band e os asturianos Tejedor. Así mesmo, presentáronse o concurso internacional de cuartetos tradicionais e os obradoiros de baile tradicional.