O XXV Festival de Ortigueira achegará unha vintena de concertos

O evento "volta ás orixes", segundo o seu coordinador Alberto Balboa

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

A edición XXV do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira achegará a esta vila unha vintena de concertos entre 9 e o 12 de xullo. Segundo explicou o director do evento, Alberto Balboa, o festival "volta ás orixes musicais”, centrándose en música atlántica. Michael McGoldrick band, Battlefield band, Wolfstone, Fred Morrison, Xosé Manuel Budiño, Susana Seivane, o grupo Arán e mais os concertos do escenario Runas compoñen o cartel. Canda aos directos está prevista a celebración dunha exposición fotográfica sobre a historia do festival, obradoiros de folclore a cargo de Mercedes Peón ou pasarrúas entre outras propostas.

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Festival de Ortigueira, Manuel Budiño, Budiño, Mercedes Peón...