O Festival de Ortigueira presenta unha programación anovada

O evento contará con bandas como Oysterband, Celtas Cortos ou Gaelic Storm

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Un 70% dos grupos que actuarán no XXVI Festival do Mundo Celta de Ortigueira acudirán por vez primeira a esta cita. Alberto Balboa, coordinador deste evento, aseguraba onte que esta edición renova o formato do evento e "sentará as bases do Festival do futuro". Entre o 8 e o 11 de xullo visitarán esta vila formacións como Oysterband, Celtas Cortos, Gaelic Storm, Krêposuk, Shooglenifty ou Afterhours. Pola banda galega agárdase a presenza Cristina Pato, Marful e Anxo Lorenzo band, así como dos grupos que participen no Concurso Runas para novos valores. O evento, organizado polo Concello de Ortigueira co apoio do Xacobeo, Estrella Galicia e a Deputación da Coruña, agarda convocar máis de 100.000 persoas.

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Celta, Festival de Ortigueira, Cristina Pato, Anxo Lorenzo...