Milladoiro presenta un CD-DVD ao vivo en Ortigueira

O volume recolle a actuación do grupo no festival en 2014

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Milladoiro presenta un CD-DVD ao vivo en Ortigueira

A coincidir coa súa presenza a fechar onte, domingo 17 de xullo, a última edición do Festival de Ortigueira, Milladoiro presentou o seu novo traballo. Milladoiro en Ortigueira é un CD-DVD que recolle a actuación da banda neste mesmo evento en 2014. Para alén dunha actuación ao vivo no que a banda percorre boa parte dos seus grandes éxitos, o volume achegar tamén un documental sobre a vila e os comezos e a evolución do seu célebre festival. O álbum, editado por Cormorán Producións, elaborouse coa colaboración do Concello de Ortigueira.

Que che parece esta nova?
64 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Milladoiro, DVD, Documental, Festival de Ortigueira

Claves

Conceptos