Galicia Escena Pro amplíase este ano. Para alén das habituais montaxes íntegras e das que se poden ver en formato "showcase", inclúe por vez primeira outras quince obras en formato "pitching". Deste xeito, a cita acumula 39 proxectos participantes, o que fai dela unha radiografía da actualidade teatral do país. A partir das obras que participan no encontro, analizamos algunhas tendencias que a nosa escena profesional apunta para a vindeira temporada.
A grande cantidade de compañías novas, a aposta polo público infantil ou as producións de pequeno formato. Estes ítens son nos últimos anos constantes cando falamos da produción teatral no noso país. No entanto, se analizamos a situación das nosas táboas a tomar como mostra as propostas que fan parte do Galicia Escena Pro nos diferentes formatos que inclúe o programa podemos matizar en grande medida estas afirmacións. A selección de que partimos para a análise son as obras incluídas no programa de Galicia Escena Pro e os datos que fornece o programa do encontro, así como datos que achegan as producións que concorren en formato pitching, e que poden estar incompletos nalgún caso concreto.
Variedade
Non podemos esquecer en ningún momento que falamos dunha mostra de obras que foron seleccionadas por un comité, que debullou un total de 121 producións das que saíron as 24 que se poderán ver, total ou parcialmente, no marco do programa. Segundo explica o crítico Camilo Franco, un dos compoñentes deste comité, "Galicia Escena Pro é un mercado, orientado aos profesionais, e nese sentido a reflexión da comisión foi que no programa ten que haber espectáculos de todo tipo que representen do mellor xeito posible o abano da produción escénica deste ano. A intención era que os programadores puidesen contratar espectáculos de todo tipo para todo tipo de públicos". A variedade é pois, unha tendencia clara na selección de obras e, por extensión, na escena actual do país. Segundo sinala Franco, nas obras que concorreron ao encontro "vese unha variedade de tipoloxías, xéneros, idades e tamaños. E esa variedade responde ao momento artístico que vive o teatro galego hoxe, que é un momento no que, malia ao que se poida dicir, oferta moitos alicientes ao espectador", lembra o crítico teatral. E cita como exemplos "a estrea de Voadora, que logo da súa adaptación de Shakespeare ergueu moita expectación, a de Teatro de Ningures ou a presenza de Sarabela".
Unha escena nova
Non se pode negar a mocidade da escena, cando menos a partir da selección que participa nesta feira. Case a metade das compañías que están presentes nalgún dos formatos (o 46%) foi creada ao longo dos últimos cinco anos, cunha importante presenza de proxectos promovidos por antigos alumnos da Escola Superior de Arte Dramática de Vigo, unha tendencia que, segundo advertiu o propio Camilo Franco, promete seguir a medrar. "As compañías que están representadas amosan xeracións diferentes e xeitos diferentes de facer teatro en Galicia", recoñece. "Nótase este ano máis que no anterior, e seguramente menos que no vindeiro, a incorporación definitiva dunha xeración de xente nova que estudou na ESAD e que se está a incorporar á profesión mesmo nun momento no que as condicións non son óptimas, e que o fan a chamar a atención do público". Canda a estas propostas novas, no entanto, mantéñense un bo feixe de proxectos veteranos, case un 40% de compañías anteriores ao ano 2000, e entre elas unha mostra de sete propostas nadas nos anos oitenta como son Sarabela, Teatro do Atlántico, de Ningures, do Morcego e Viravolta Títeres, todos eles con espectáculos completos, e mais do Noroeste e Talía, que participan na sesión de Pitching. A eles súmase a compañías máis veterana do programa, Artello, nada en 1978 e que adianta un showcase do seu novo traballo.
O pequeno formato manda
Non hai dúbida de que unha ampla maioría de obras apostan polo pequeno formato, e atopamos que case o 90% das presentes neste evento contan con catro ou menos actores e actrices, bailaríns, músicos ou manipuladores nas táboas. Pero, ademais, obsérvase que son compañías con anos de traballo as costas as que arriscan con montaxes de maior tamaño. Leva a palma nesta ocasión a proposta de Sarabela, que pon nove actores no escenario no seu Ensaio sobre a cegueira. Canda a ales, son Nova Galega de Danza (2003), Teatro do Morcego (1989) e a montaxe musical Canta o cuco, de Uxía e Magín Blanco, con cinco intervintes cada un, son os seguintes máis ambiciosos. Montan catro actores ou manipuladores os proxectos de Teatro do Atlántico (1985), do Noroeste (1987), Talía (1988), Producións teatrais Excéntricas (2004), Fantoches Baj (2006) e, entre as máis recentes, Tritatreros (2001) e EducaTeatro (2013). Oito das once compañías que poñen tres persoas entre as táboas son posteriores a 2005, e outras oito das tamén once que propoñen montaxes a dúo naceron despois de 2010. É dicir, obsérvase claramente unha tendencia das compañías máis novas a apostar por formatos máis pequenos.
Comedias, dramas e músicais
Por xéneros é a comedia con doce montaxes a que concentra máis atención das compañías esta temporada. Entre as propostas inclúense dúas traxicomedias ou comedias con elementos dramáticos, como son Coma e punto de Antagonista Teatro e mais Noiteboa de Redrum, así como unha comedia musical, Panamericana de A Panadaría. Seguen a este xénero os dramas, que contan con sete montaxes, a cargo na súa maior parte de compañías veteranas como son Teatro de Ningures, do Atlántico, do Noroeste, Talía, Sarabela e Fantoches Baj. A maxia fica reducida nesta ocasión ao espectáculo do Mago Xacobe, mentres catro obras que integran a música como parte fundamental do proxecto, entre elas o espectáculo de Uxía e Magín Blanco a partir de poemas de Manuel María para os máis novos, o musical A carapuchiña vermella de EducaTeatro ou o xa mencionado Peer Gynt de Viravolta. Engádense a estas, dúas propostas multimedia (Zugunruhe de ArtesaCía e mais STRPTS// Episodio 1: Mirlo&Rula de Cinema Sticado), unha interactiva (Identifica-T), unha montaxe que se define como contemporánea (Manawee e Matrioshka Teatro), e aínda varias propostas sen adscrición xenérica, o que amosa en xeral a variedade temática das producións.
A importancia da familia
Só unha terceira parte das obras presentadas están orientadas especificamente a un público adulto. Dentro das doce producións con este obxectivo, encádranse as presentadas por seis das oito compañías nadas ao longo dos anos 80 e presentes no evento, o que semella apuntar unha tendencia común das máis veteranas no xeito de pensar o público. Fronte a estas, o 56,5% das incluídas na análise apostan por todos os públicos, polo público familiar ou inclúen os máis novos na súa franxa idade recomendada. Entre estas, un 10.3%, sitúan entre 12 e 14 anos o límite inferior recomendado para os espectadores e dúas defínense como orientadas a un público "adulto e xuvenil". Estes datos coinciden coa perspectiva de Camilo Franco, quen apunta que "hai unha parte importante do programa que está dedicado ao teatro de todos os públicos, ou familiar, que está a ter moito éxito nos últimos anos. Hoxe estamos a ver como estes espectáculos se orientan menos especificamente aos rapaces e buscan que os pais tamén teñan interese en seguir o espectáculo. Na feira propostas Peer Gynt, Don Quixote, unha comedia gastronómica ou Jim e a illa do tesouro, amosanpara os programadores as posibilidades de levar ao teatro espectáculos orientados a públicos amplos".
Máis que actores
Non faltan na selección do Galicia Escena Pro elementos de apoio aos actores ou proxectos que directamente os exclúen. Os títeres aparecen como o elemento escénico máis común logo dos actores. Das trinta e nove propostas analizadas, seis recorren a algún tipo de bonecos para, de xeito íntegro ou en combinación con persoas e outras técnicas, contar as súas históricas. Artello e o seu Non toques os meus círculos, o Peer Gynt de Viravolta e mais Os vellos non deben namorarse de Fantoches Baj son as apostas máis decididas polos títeres. Alén dos bonecos, e en ocasión integrada tamén con eles, hai tamén unha certa aposta pola música ao vivo, que está presente en catro espectáculos, mentres a manipulación de obxectos fai parte de tres obras e os elementos multimedia de dúas. Do mesmo xeito, o programa inclúe catro propostas que integran parcial ou integramente danza, como son Xoga de Entremáns, Ulises e a nena durmida de Ánxela Blanco, Abrente de Nova Galega de Danza, e AIREnoAR, da compañía homónima, que tamén conta con circo e música na súa proposta. En xeral, semella que a mestizaxe está a se abrir oco nas producións galegas, xa que unha ducia de proxectos apostan por mesturar diferentes xéneros ou elementos.
Chegar ao público e máis política
Para alén do máis cuantificable, o Camilo Franco apunta outras direccións que se poden observar no teatro do país. "Vese unha tendencia moi clara, e non só en Galicia, a buscar un público máis amplo. Moitas compañías mudaron a perspectiva nos últimos tres ou catro anos, en particular as máis grandes, no sentido de encontrar o público. Penso que case todo o mundo tenta formular accións artísticas máis claras e ter en conta a reacción do público a elas. No programa vese esta tentativa de se achegar ao público xeral, de que aos espectáculos poidan entrar tanto nenos como adultos e todo tipo de adultos. Hai unha tentativa de que vaia ao teatro galego un público que habitualmente non vai", resume. Canda a isto, "outra tendencia xeral é a de que hoxe haxa máis obras de teatro que se poderían entender como teatro político do que hai oito ou nove anos. Tentan atoparse co espectadores nese espazo no que se pode sentir agraviado pola circunstancia que vive. Niso penso que ten certa influencia o éxito de Chévere con Citizen por exemplo que lles amosou a outras compañías galegas que era posible entrar nese debate e atoparnos igual co público".
Fica por ver ata que punto a visión das táboas que dá a feira das artes escénicas é real. Para o comprobar, nada como ir ao teatro con frecuencia.
Datos cos que se elaborou a reportaxe (formato xlsx).A grande cantidade de compañías novas, a aposta polo público infantil ou as producións de pequeno formato. Estes ítens son nos últimos anos constantes cando falamos da produción teatral no noso país. No entanto, se analizamos a situación das nosas táboas a tomar como mostra as propostas que fan parte do Galicia Escena Pro nos diferentes formatos que inclúe o programa podemos matizar en grande medida estas afirmacións. A selección de que partimos para a análise son as obras incluídas no programa de Galicia Escena Pro e os datos que fornece o programa do encontro, así como datos que achegan as producións que concorren en formato pitching, e que poden estar incompletos nalgún caso concreto.