Logo da efervescencia da primeira década deste século, a banda deseñada galega afrontaba os anos 10 cunha certa falta de relevo. A ausencia de fanzines, grupos de creadores ou novas propostas editoriais dificultaban a aparición de creadores que se sumasen aos que conseguiran un mínimo oco no panorama. No entanto a situación mudou, e para ben, nos últimos cinco anos. Novos colectivos, un importante pulo da autoedición, e propostas de calidade da man de nomes ata o de agora descoñecidos, achegan unha novena arte chea de vitalidade.
Está a se dar un relevo na banda deseñada galega. A peculiaridade deste proceso é que non se trata polo momento dunha substitución de creadores dunha certa idade por outros máis novos. Os debuxantes e guionistas que debutan están a se sumar á xa longa lista de autores que levan anos en activo. Onde máis se deixa sentir a nova vaga é á hora de abordar proxectos de autoedición e fanzines, que nos últimos dous anos están a recuperar o protagonismo na actualidade da nosa novena arte. Pola súa banda os autores máis veteranos, que no seu día apostaron tamén por estas vías, céntranse maioritariamente en proxectos para editoriais tanto galegas como foráneas, traballan no campo da formación, como na escola O Garaxe Hermético en Pontevedra, ou manteñen como actividade principal a ilustración. O resumo amosa un panorama vivo onde a transición está a se facer sen traumas aparentes e onde conviven perspectivas, estilos e idades.
Pausa
En 2001 aparición de colectivos de autores e dinamizadores revolucionou o panorama da banda deseñada galega. Polaqia e BD Banda amosaron durante a primeira década do século unha intensa actividade de edición, exposicións, premios e propostas que levaron a novas cotas a visibilidade da novena arte feita no país. Logo dunha década de actividade, e coa maior parte do seus membros a se internar na trintena, non se albiscaba un relevo xeracional neste ámbito, coa única excepción foi o traballo do colectivo vigués Fuck Cómics (2005-2012). A disolución de Polaqia en 2011 e da entrada de BD Banda en letargo deixaba en dúbida a continuidade de propostas colectivas no seo da novena arte do país.
Impulso
No entanto, ese mesmo ano unha exposición marcaba o nacemento do colectivo Miñoco, que consolidaría co lanzamento da publicación Compota de Manatí en 2012. Un ano depois, en outono de 2013, vía a luz Sacoponcho, da man do grupo Fume de Carozo. A estas propostas sumábase, nese mesmo ano, a primeira publicación nada da man dos alumnos da Escola de Banda Deseñada O Garaxe Hermético. A banda de Moebius viuse seguida no seguinte ano por A vila dos debuxantes do norte e polo fanzine Noveno, propiciado tamén por esta mesma entidade. Non contentos con isto, os alumnos son tamén responsables do lanzamento da cabeceira Hermético e parte deles colaboran no colectivo Cabeza de Corte Aéreo, con centro na facultade pontevedresa de Belas Artes e desde o que sae o fanzine Ratuíto desde 2014.
Colleita 2014
O 2014 foi ano fecundo en iniciativas e amosou a vitalidade da nova escena de BD galega. Así, a se sumar aos títulos xa comentados, no festival Viñetas desde o Atlántico presentáronse novas entregas dos proxectos de Miñoco e Fume de Carozo, que viñeron acompañadas de propostas individuais. Nordés de Kike J. Díaz, Gris de Fernando Castro ou os traballo de Cristián Fojón amosan o interese de diferentes creadores pola autoedición como xeito de dar a coñecer os seus traballos. Canda a eles, o proxecto Altar Mutante, tamén nado deste ano, recupera nomes xa veteranos do ámbito galego como Kike Benlloch, Sergio Covelo, Manel Cráneo, Álvaro López, Roque Romero, Luis Sendón ou Santy Gutiérrez nunha publicación temática dedicada ao gore, o horror, a fantasía e a ciencia ficción máis pulp.
Circuíto para a autoedición
Nesta eclosión tiveron un importante papel proxectos como a feira da autoedición Grapa Grapa (en sucesivas edicións Grapo Grapo, Grepo Grepo e Gropo Gropo) nada en 2012 en Pontevedra e que amosa traballos de BD, ilustración, deseño ou mesmo edición musical sempre a partir da premisa do "faino ti mesmo". A partir desta experiencia desenvolvéronse as propostas do Autobán/Autobom (dúas edicións en 2014 e 2015) e AU OU (outubro de 2014) que están a xerar un pequeño circuíto para estes autoeditores.
Editoras
Foi tamén en 2014 que botaba a andar unha nova editora. Desde Vigo, Fosfatina fai unha aposta nidiamente vangardista e vencellada a propostas de autoedición. Tiraxes ultralimitadas, xeitos particulares de impresión e propostas experimentais definen un proxecto que está a amosar o traballo de novos autores do país e que conecta directamente o panorama underground que se pode atopar nestas citas. Canda a ela, neste mesmo 2015 vemos o nacemento de 3 pintamonas, un novo proxecto de editora que sae con edición simultánea en papel e electrónica e aposta por varios idiomas para os seus lanzamentos.
A estes súmase o traballo de editoriais con experiencia como é Demo, que se afianza ano a ano como a firma que máis decididamente aposta por autores galegos e continúa a presentar novos nomes. Deste xeito, o proxecto que dirixe Manel Cráneo publicou as obras primas de Manolo Poi e Miguel Fernández, Miguel Cuba, Inacio Vilariño e Iván Suárez, ou, máis recentemente, Tomás Guerrero. Canda a este, outras propostas como Sindicato del Cómic e o Efectiviwonder Comix de Dani Xove (que xa publicara con Everest O encanto da pedra chá) están tamén a dar a coñecer novos autores do sector.
Tendencias
- Dentro deste panorama de novidades, obsérvase unha enorme variedade estilística e temática. Desde o underground de propostas como as de Fosfatina a obras de xénero negro, histórico, pulp, ciencia-ficción, humor ou novelas gráficas de corte intimista. A influencia crecente do manga déixase sentir a nivel estilístico mentres que, por vez primeira, autores do noso país aparecen como unha referencia expresa habitual nos novos creadores.
- É de destacar tamén no emerxente panorama da BD galega a ampla presenza de creadoras, unha tendencia acorde coa situación internacional e que racha a habitual maioría masculina desta arte. Tres dos catro membros de Fume de Carozo e catro dos nove compoñentes de Miñoco son autoras. Do mesmo xeito, practicamente unha terceira parte das matrículas do Garaxe Hermético son de alumnas.
- A presenza constante e múltipla da rede configúrase como algo consubstancial aos novos creadores. O máis común é que conten con varias plataformas de promoción individual e colectiva. Desde a edición en liña de fanzines e de traballos íntegros, ata a publicación de ilustracións e fragmentos de obras. Facebook, Blogger, Twitter ou Tumblr, son algunhas das plataformas máis habituais.
- Dentro dos autores cunha certa veteranía, continúa o proceso de proxección internacional de nomes como David Rubín, Emma Ríos, José Domingo, Tirso Cons, Xurxo G. Penalta, Fran Bueno ou Martín Romero, mentres outros creadores do noso país publican tamén en editoras estatais ou galegas.
- A formación, como xa temos sinalado en Culturagalega.org (A correa de transmisión do cadriño I e A correa de transmisión do cadriño II) está a se amosar tamén como un campo que ocupa en boa medida os autores galegos de BD, o que supón unha revolución na transmisión dos coñecementos encol deste ámbito, coa creación de espazos como a escola O Garaxe Hermético en Pontevedra, O neno amarelo en Compostela, as Clases de Cómic de Vigo ou cursos específicos en espazos como a Escola ECO ou The Room.
Boa base
Atopámonos pois nun panorama en crecente mellora, cando menos no que respecta á creación. Ao traballo dos autores que xa estaban en activo na década pasada está a se sumar unha prometedora canteira que conta, por vez primeira, con opcións de formación específica no campo da novena arte. Se ben as opcións editoriais no noso país continúan a ser escasas e moitos creadores lamentan unha maior atención por parte dos medios e da administración, as perspectivas son altamente positivas. O futuro dirá se este potencial se concreta nun tecido editorial con público, actividades e presenza na cultura do país.