Manuel María ingresou formalmente na Real Academia Galega o pasado sábado cun discurso no que lembrou os poetas da Terra Chá e que foi respondido por Xosé Luís Méndez Ferrín. Manuel María aproveitou a súa intervención para posicionarse publicamente en contra da guerra e a favor das iniciativas de Nunca Máis, nun dos actos máis multitudinarios que lembra a RAG nos últimos anos.
Máis información en
La Voz de Galicia e en O Correo Galego








