Seis millóns de exemplares, cunha media de 45.000 por cada título da colección. Estas son as cifras de vendas coas que La Voz de Galicia dá por pechada a colección Biblioteca Galega 120, que distribuíu co xornal obras fundamentais da cultura galega por só un euro cada unha. Cando presentou o proxecto, esta empresa anunciaba a posta en circulación de 3.100.000 exemplares dentro da colección, sobre uns 25.000 por obra.
Máis información en La Voz de Galicia
sobre a Biblioteca Galega 120; a presentación do proxecto








