Celso Emilio Ferreiro, unha antoloxía de poesía medieval e un poemario inédito de Manuel Lueiro Rei iniciarán a nova colección Xerais Clásicos que abrirá a editora viguesa no vindeiro mes de maio. Canda esta serie anuncian a de Clásicos Universais coa publicación da Divina Comedia e do Cancioneiro de Petrarca traducidos por Darío Xohán Cabana e do Decamerón, vertido ao galego por Moisés Rodríguez Barcia. Outra colección, Xerais Poesía, ocupará o posto da desaparecida Ablativo Absoluto.
Máis información na edición de hoxe de El Progreso e sobre a desaparición de Ablativo Absolutoen culturagalega.org








