Ambas as dúas son obras inéditas, ambas as dúas son poesía e ambas as dúas acaban de saír á luz por parte de dúas universidades. A Universidade da Coruña e a Biblioteca-arquivo Teatral Francisco Pillado acaban de publicar unha obra inédita de Ramón Cabanillas A Virxe do Cristal, que é a adaptación para ópera que fixo este autor a partir dun poema de Curros Enríquez. E por outro lado, Xesús Alonso Montero publicou na revista Madrygal, da Complutense de Madrid, Abrojos, un poemario inédito de Uxío Novoneyra.
Máis información sobre o poemario de Curros en
El Ideal Gallego , e sobre o poemario de Novoneyra en El Progreso.








