A VII Semana da Cultura de Vilanova xirará arredor da figura de Valle-Inclán coincidindo co 136 aniversario do nacemento deste escritor. O programa Valle-Inclán nas rúas de Vilanova inclúe lecturas públicas de obras do autor, unha ofrenda floral, unha mostra de baile tradicional e a representación teatral da obra Ligazón entre outras actividades. Para comezar, hoxe mesmo se lle dará o nome de Ramón del Valle Pérez, pai do escritor, a unha rúa da vila.
Máis información en
Web do Concello de Vilanova








