O libro dos cen poemas está dirixido ós nenos, para que a través desta escolma poidan coñecer a poesía galega dos séculos XIX e XX. É a primeira antoloxía deste tipo que unha editorial presenta no mercado e aparecerá nas librerías o mes que vén. A encargada de facelo é Espiral Maior e non se inclúe dentro de ningunha das súas coleccións actuais. O libro está pensado para ser usado polos pais e na escola, xa que quince das composicións serven de base dun material didáctico.
Máis información en
El Progreso








