Non son bos tempos para a Fundación Rosalía de Castro e o Centro de Estudios Rosalianos, emprazados na casa-museo da escritora en Padrón. Problemas de financiamento fan que o programa da fundación estea reducido ó mínimo e o Presidente da Fundación, Agustín Sixto-Seco, fixo un chamamento para obter o apoio de institucións oficiais e non oficiais no transcurso da homenaxe realizada na Matanza no cabodano da morte da escritora. Alonso Montero solicitou para o Centro de Estudios Rosalianos unha máquina de escribir e un ordenador. Unha das apostas para conseguir recursos será unha antoloxía de Rosalía, preparada por Helena Villar e Xesús Rábade.
Máis información en
O Correo Galego e en
La Voz de Galicia ; contexto en
Culturagalega.org








