A Fundación Carlos Casares porase en marcha en setembro. Segundo o fillo do escritor, Hakan Casares, a Fundación non valerá só para a difusión e o estudio da obra de Casares, senón que pretende ser un elemento articulador da misión de difusión cultural no que terán cabida moi diferentes manifestacións científicas, lingüísticas ou literarias. Na Fundación participará a familia do escritor, as entidades das que el foi membro e diferentes empresas. Un dos primeiros proxectos será a edición dun libro de Marcos Valcarcel sobre a relación entre Ourense e o escritor.
Máis información en
O Correo Galego








