O ilustrador vigués Federico Fernández Alonso vén de facerse co Premio Nacional ás Mellores Ilustracións de Libros Infantís e Xuvenís polo libro Onde perdeu Lúa a risa? publicado pola editora pontevedresa Kalandraka. É a segunda vez que este premio recae nunha obra desta editora, xa que en 1999 levouno o tamén galego Óscar Villán por O coelliño branco. O premio está dotado con 12.000 euros.
Máis información en O Correo Galego . O anterior premio de Kalandraka en
Kalandraka.com ; O libro en filix.org








