Medra o número de bibliotecas en Galicia e as ludotecas prepáranse para o verán

O caso é ler

Os índices de lectura indican unha diminución paulatina, sen embargo, cada vez contamos con máis centros (de diferente tipo) para intentar paliar estes baixos resultados. Segundo a última estatítistica do INE, dada a coñecer onte, o número de bibliotecas medrou en Galicia no ano 2000 un 29,2%, o que deixa unhas 655 bibliotecas espalladas por toda a comunidade. Pero non todas as bibliotecas son iguais, e non todas preparan as mesmas actividades para fomentar a lectura. Hainas especializadas, universitarias non universitarias e ludotecas. E estas últimas prepara a súa temporada forte. É que chega o verán e propoñen un bo número de actividades para grandes e pequenos lle collan o gusto a esto da literatura.







Estatísticas do INE



Para ler precísase ter que ler, en primeiro lugar, e en segundo lugar onde poder facelo. Por iso a importancia das bibliotecas, un feito ó que se lle engade a diseminación da orografía galega. E cada vez máis o número de bibliotecas que temos na nosa comunidade. Segundo a última estatística do INE (Instituto Nacional de Estatística) en Galicia están rexistradas 655 puntos de lectura (entre os diferentes tipos de centros: públicas, xerais, institucións de ensino, universitarias, non universitarias e especializadas). E esta cifra sitúa a Galicia, xunto con Estremadura, nunha das comunidades autónomas nas que máis medraron o número de bibliotecas.
Pero a estatística do INE vai moito máis alá e ofrece datos máis pormenorizados da bibliotecas galegas. Proliferan, sobre todo, os centros creados pola Xunta de Galicia ( con 236 bibliotecas) e son, sobre todo, de tipo xeral. Sen embargo, a dotación de aparatos de reproducción destas bibliotecas vai ó contrario do número de tipo de bibliotecas que existen na comunidade. Así as bibliotecas especializadas, que son as menos frecuentes, son as que dispoñen de máis aparellos (lectoras, lectoras impresoras de microfichas e microfilms...).
O INE tamén establece o número de bibliotecas que teñen web, e non só iso, senón o número de consultas. Das 929 que existían no 2000, 45 están en Galicia, e delas 22 son universitarias e 17 especializadas e o número de visitas foi de 633.435.
En comparación co tipo de bibliotecas que existen noutras comunidades autónomas, Galici sitúase no quinto lugar dentro do Estado Español. Un listado que encabezan Andalucía (con 955 centros), Cataluña (con 873), Comunidade Valenciana (657) e Madrid (790).













Ludotecas


E mentras chegan os primeiros calores do verán, os organizadores das ludotecas comezan a reforzar as súas programacións para a temporada estival que se lles achega. E en cada concello se organizan á súa maneira. En Coruxo os cativos van fabricar unha balsa de supervivencia e os de Lavadores preparan unha regata nun estanque, e todo isto tendo como lema navigarimaxinariamente con perxonaxes de banda deseñada como Mortadelo e Filemón, Lucky Luke, e os Pokemon. E menos lúdico e que fomentará máis a lectura, está o concello vigués de Chapela que creará unha sala no multiusos do PIñal do Crego, que abrirá cinco horas pola tarde. Un feito que se produce logo das reivindicacións dos colectivos da parroquia. O multiusos inaugurábase en 1998, e cotaba cunha sala que permanece baleira desde entón, aínda que conta con gran cantidade de materiais.