O debate anual de PolÃtica Xeral do Parlamento de Galicia que se celebrou onte, deu en que a cámara aprovase un bo feixe de resolucións, moitas das cales teñen un importante contido cultural. Unha das que máis chamou a atención dos medios foi a Proposta de Resolución nº1, na que os tres grupos aprobaron unanimamente solicitarlle á Xunta que continúe a traballar na aplicación do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega.
Tamén houbo acordo en pedir que o goberno continúe "coas accións dirixidas a dignificar a memoria das vÃtimas da represión exercida durante a Guerra Civil". Canda a estas, aprobouse tamén solicitar a creación dun Plan estratéxico dos xogos tradicionais, potenciar as rutas do Viño e crear unha comisión para celebrar o bicentenario da independencia dos paÃses hispanoamericanos.
A respeito do patrimonio industrial, o Parlamento reclamoulle á Xunta a creación dun inventario e dun posterior plan de intervencións no que se contemplen especificamente a recuperación de Sargadelos, as minas e poboados de Fontao e San Finx e as ferrarÃas das serras orientais galegas.
Pola banda de educación, na cámara apuntouse a necesidade de pontenciar a Formación Profesional e de que todos os centros educativos de infantil conten coa anticipación da primeira lingua estranxeira. Para rematar, os parlamentarios apuntaron a necesidade de que a AutonomÃa acceda a novas competencias na xestión do espazo radioeléctrico en ámbitos coma a telefonÃa móbil ou a TDT.