Non é un inventario, senón mais ben unha mensaxe de futuro e unha expresión da pluralidade e do policentrismo da cultura galega aseguraba Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega, no acto de inauguración da exposición organizada para celebrar as vodas de prata do CCG. Pero non é unha mostra sobre a institución, senón unha revisión dos acontecementos económicos, industriais pero tamén culturais do último cuarto de século do noso país. Chega Galicia 25.
Non foi casual que fora Vigo a cidade elexida para abrir a mostra. Vigo é a capital das industrias culturais contemporáneas onde están, entre outras, as editorias Galaxia e Xerais asegurou Ramón Villares no acto de apertura dunha exposición ao que asistiron Emilio Pérez Touriño, o presidente da Xunta; Ánxela Bugallo, conselleira de Cultura; Julio Fernández Gayoso, presidente de Caixanova; e unha nutrida representación da cultura galega que encheu o auditorio que a entidade financeira ten en Vigo.
A mostra
Repartida en tres espazos e estructurada baixo as denominacións formas e espazos, palabras, imaxes e sons e fíos e desafíos a exposición pretende facer un percorrido extenso sobre toda a historia de Galicia. Non entendida só desde o punto de vista das industrias culturais, senón tamén achega arquitectura, cultura ambiental, espazos da comunicación, deseño e industria, banda deseñada, patrimonio así ata completar un abano xeral do que deu de si o país. A exposición estará en Vigo ata o 30 de novembro e a partir de entón iniciará un percorrido por outras cidades galegas e estranxeiras.
Visita o especial do 25 aniversario