O Parlamento Galego iniciará en breve o debate da Lei de Arquivos e do Patrimonio Documental de Galicia. O texto regulará por primeira vez a conservación e o acceso a documentos e mais a organización destes depósitos no paÃs e abordará retos para a dixitalización destes bens. Para alén de aos investigadores, o texto afectará aos cidadáns do común ao axilizar trámites e consultas.
Que exista unha nova lei de Arquivos non é algo que afecte só a sufridos investigadores ou ao propio persoal destas instalacións. Ao establecer criterios de conservación, acceso e dixitalización de documentos, os efectos deste texto chegarán tamén aos cidadáns de a pé, tanto á hora de consultalos como á hora de desenvolver diferentes trámites. “A Lei xa contempla o emprego destes centros coma un servicio público para toda a cidadanÃa. Nos últimos anos, por exemplos, nos arquivos históricos provinciais, moitas veces vese máis xente da rúa que van consultar lindes e documentos sobre as súas propiedades do que eruditos”, lembra Felipe Arias, director xeral de Patrimonio.
Regulacións internas
“Un arquivo non é un centro para que un investigador faga a súa tese, que tamén. Deben garantir que os cidadáns poidan exercer o seu dereito de acceso á información”, completa. En canto á axilización de trámites, Arias apunta que no texto “establécense requisitos para os arquivos da administración. Cuestións coma o xeito en que deben ser servidos e organizados, cales son os seus protocolos ou os dereitos de reprodución, entre outras cousas”. Neste sentido establécese a existencia dunha comisión de avaliación documental que determinará qué material cómpre conservar e cal se pode eliminar, unha cuestión que na actualidade non está axeitadamente definida e que permitirá axilizar en boa medida a xestión da documentación.
A función administrativa
Nese mesmo sentido incide Dolores Pereira, vicepresidenta da Asociación de Arquiveiros e Bibliotecarios en Galicia. “Hai un descoñecemento xeral sobre o que é un arquivo. Pénsase que neles custódianse documentos moi antigos, pero ademais, tamén se xestionan neles os documentos que se xeran nas administracións contemporáneas. E como se producen tantos, hai un volume enorme de documentos que cómpre regular. Saber o que debemos conservar ou seleccionar. Ese é un traballo que non é só de tipo histórico senón tamén de apoio á xestión administrativa”. Polo mesmo, agarda que coa nova lei “mellore a relación do cidadán”.
A estrutura dos arquivos
Alén dos efectos máis ou menos directos sobre o común os cidadáns, a Lei incide en cuestións máis estruturais que resultan imprescindibles para a investigación e a conservación de documentos. “A novidade principal é que o texto quere regular todo o sistema galego de arquivos, é dicir todos aqueles sobre os que ten algunha competencia a Comunidade Autónoma”, explica Felipe Arias, “tamén se establece como debe ser a comunicación entre os arquivos e as condicións de acceso ao material. A lei prevé promover a dixitalización do patrimonio documental, o que tamén vai facilitar o acceso”. Pola súa banda, Pereira coincide en que “para min é fundamental que estruture claramente o sistema de arquivos e que non se limite a consideralo coma meros centros culturais e históricos. Está ben que incida en que temos que introducir a tecnoloxÃa do século XXI, os documentos electrónicos ou a xestión remota”.
Regulación necesaria
No ámbito profesional dos arquiveiros, o desenvolvemento deste texto é recibido con ledicia. Segundo explica, “Estamos esperanzados. Somos a única comunidade que aÃnda non tiñamos Lei de Arquivos. Entendemos que o texto é bastante bo e estamos esperanzados”. Para os traballadores destes centros “daranos as pautas para conservar, transferir e servir a documentación de xeito homoxéneo e coordinado”. Ata o de agora os arquivos só estaban contemplados nun dos tÃtulos da Lei de Patrimonio Cultural de 1995.
Importación documental
Unha das cuestións do anteproxecto que espertou maior atención mediática é a que se refire á transferencia a Galicia de fondos documentais de interese para o paÃs que están situados no exterior. Isto afectarÃa, por exemplo, aos fondos encol da Guerra Civil que se custodian no Arquivo de Salamanca e que ergueran unha grande polémica no caso catalán . No entanto, Felipe Arias desdramatiza a cuestión. “A Lei prevé que hai que tentar recuperar calquera documento de interese para Galicia. Se non se pode recuperar fisicamente, traeranse copias dixitais”. A dixitalización é unha saÃda que xa permitiu o acceso a outros documentos históricos do noso paÃs. “O proceso de dixitalización hai anos que se comezou. Por exemplo o Catastro do Marqués de Ensenada da Provincia de Lugo xa está dispoñible en DVD. A idea é que este proceso chegue a todo tipo de arquivos, incluÃdos os que sexan de interese galego e están fóra. AsÃ, por exemplo xa están tamén dixitalizados os documentos dos mosteiros galegos que foron ao Arquivo Histórico Nacional de Madrid, e estamos agardar que nolos envÃe o Ministerio de Cultura. Iso mesmo pode acontecer con outros fondos”.
A cuestión eclesiástica
Outra cuestión que chamou a atención dos medios é a mención que fai a Lei aos arquivos de titularidade eclesiástica e á necesidade de garantir o acceso ao mesmos. Segundo explica Arias, “non é unha lei para regular os arquivos da Igrexa. O que se establece é que a Igrexa debe coidar o seu patrimonio documental nos arquivos e facilitar o acceso, dentro dos convenios marco que xa están establecidos sobre o patrimonio cultural da súa propiedade. Nese sentido non muda a situación que xa existe”.
Unha vez chegado ao Parlamento, o texto ten agora pendente un debate que, se non hai incidencias, deberÃa permitir que no primeiro trimestre de 2009 entre en vigor a nova Lei. Posiblemente o seus efectos tarden algo máis en se notar, pero é de agardar que esa revolución documental nos acabe afectando a todos.