Setembro é un mes propicio para as presentacións dos programas culturais. Por iso, apuntamos as citas máis destacadas para configurar a nosa axenda de "recomendados" para esta temporada. Unha exposición sobre a maxia, a suxestiva fotografÃa de Eugene Smith, as conferencias de destacados premios Nobel e música para todos os públicos conforman os espectáculos que non debes perder.
Comezamos con Stephen Hawking que está estes dÃas en Compostela para recibir o Premio Fonseca 2008. Dentro da súa visita hai unha serie de actividades preparadas como a presentación do seu último libro A clave segreda do universo. Unha marabillosa aventura polo Cosmos e de BrevÃsima historia do tempo no Instituto RosalÃa de Castro. Sen dúbida o prato forte será o sábado 27 onde pola mañá terá unha recepción do reito no Colexio de San Xerome (Salón de Graos. Praza do Obradoiro) mentres que pola tarde o pazo de Congresos abrirá as súas portas para a cerimonia de entrega do Premio Fonseca 2008. AlÃ, Stephen Hawking ofrecerá unha conferencia titulada “SaÃndo dun burato negro”.
Música
A vindeira cita (por proximidade no tempo) será o venres na Catedral de Santiago. Un escenario de luxo para a apertura da temporada da Real FilharmonÃa de Galicia. Antoni Ros Marbá dirixirá unha das súas máximas especialidades: Mozart. A SinfonÃa nº33 e a Misa Solemnis en do mayor KV337 co Orfeón Terra a Nosa convertirán o arranque desta formación nunha das citas máis atractivas da temporada. E do arranque da FilharmonÃa pasamos á da Sinfónica que o dÃa 25 de outubro comezará o programa de abono con A Walkyria dirixido por VÃctor Pablo Pérez e un reparto moi atractivo: Anja Kampe, Artila Jun, Jenifer Wilson e John Treleaven.
Nun rexistro máis contemporáneo as citas comezan con The Cabriolets que estarán de xira polas sedes da Fundación Caixa Galicia: en Coruña (1 de outubro), Santiago (2 de outubro), Pontevedra (3 de outubro), Ourense (4 de outubro) e Lugo (1 de outubro). Por 6 euros poderase escoitar este proxecto musical creado pola modelo, letrista e Bimba Bosé xunto con Diego Postigo, Raúl Santos e Carlos Unison. Unha mestura de R&B e soul que non deixa indiferente. Canda este destacamos The blows (8 euros) que estarán na sala nasa (9 de outubro) dÃas antes de acudir á Sala Riviera de Madrid. Un grupo de música indie parecido a Franz Ferdinanz ou Artic Monkeys.
Exposicións
Ata o vindeiro 11 de xaneiro estará aberta no MARCO de Vigo a exposición A grande transformación: Arte e maxia táctica. Unha mostra colectiva que se achega ao mundo da maxia e do oculto. As obras e proxectos presentados nesta exposición non teñen que ver co ‘espiritualÂ’, senón máis ben co xeito en que a maxia pode ser empregada como metodoloxÃa cun potencial crÃtico que desafÃa a nosa visión da sociedade e a nosa idea de comunicación. Estes artistas utilizan a maxia de forma táctica, para explorar os mecanismos de transmisión do coñecemento entre individuos e colectivos. Ademais de obras de artistas de recoñecido prestixio como Allen Ruppersberg ou Mike Kelley, a mostra presenta un amplo conxunto de pezas de artistas máis novos, que produciron obra nova para esta exposición.
Pero sen dúbida, a exposición estrela desta edición de Photogalicia08 é Máis real que a realidade na que se exhibe un percorrido pola obra de Eugene Smith (2 de outubro ao 1 de febreiro), unha das principais figuras da fotografÃa humanista, que fixo un percorrido obsesivo pola busca da verdade. A exposición concentra nunhas duascentas instantáneas as series que este fotógrafo creou arredor dos anos 40 e 50 como “Country Doctor” (Doutor rural), “Nurse Midwife” (Comadrona), “A man of Mercy” (Un hombre piadoso) e “Spanish Village” (Un pobo español) máis os proxectos individuais “Pittsburgh” e “Minamata”. “Spanish Village”, publicada a principios dos cincuenta na revista Life, foi unha das súas series máis aclamadas. Smith querÃa evidenciar a precariedade na que vivÃan algúns lugares na posguerra española, para iso acudiu a Deleitosa (Estremadura) onde fotografou o estilo de vida costumbrista e arcaico no que vivÃan os seus habitantes, lonxe de todo tipo de progreso. As imaxes amosaron a miseria española da posguerra, foron censuradas polo franquismo e acadaron cotas de popularidade internacional.
Pechamos o apartado expositivo coa mostra Galicia 25: unha cultura para un novo século. Organizada polo Consello da Cultura Galega para celebrar a súas vodas de prata pretende ser unha sÃntese da transformación cultural destes últimos vinte e cinco anos. Arquitectura, patrimonio, cómic, arte, memoria, patrimonioÂ…. para achegar unha visión global da Galicia actual (Entrada gratuita desde o 1 de outubro na sala de exposicións dos centros culturais e sociais de Caixanova en Vigo).
Cine e audiovisual
Non hai dúbida ningunha en que o outono é a época forte para os festivais audiovisuais. Cineuropa, Amal e CurtocircuÃto en Santiago e o Festival de cine en Ourense son as grandes citas da temporada. AÃnda que non coñecemos o programa de Cineuropa, sabemos que seguirá fiel ao seu estilo e, polo tanto, non defraudará a todos aqueles amantes do cinema.
O que parece atopar o seu camiño é o de Ourense (OUFF), que despois dun ano de transición (o ano pasado presentaba o lema “Reiventando o festival”) adianta as súas datas para non coincidir en ourense e presenta un programa no que reforza a diversidade. Moito máis ambicioso en canto a tÃtulos de filmes (114 na sección oficial a competición, 170 nos filmes non competitivos e un 86 no Panorama Galicia) cunha sección competitiva orixinal, con filmes de múltiples nacionalidades que chegan a Ourense despois de recibir premios de festivais “menores” (de cine de San Diego, de BiarritzÂ….) e que aposta polo cine social e pola diversidade cultural. O dobre de orzamento para un festival que cumpre 13 edicións.
Artes escénicas
Rematamos o noso percorrido polas citas recomendadas co teatro. Ademais das programacións de Caixanova para este outono con obras coñecidas: A cena de Els Joglars, Si, pero no lo soy de Alfredo Santol do Centro Dramático Nacional; e Carnaval de Jordi Galcerán (autor do afamado El Método Grönholm) ou SONATA DE OTOÑO de Igmar Bergman con Marisa Paredes. Pero a gran cita da temporada será o 6 de marzo (Salón Teatro), cando se estree a obra As dunas que unirá a dirección de Quico Cadaval co texto de Manuel Lourenzo. Trátase da segunda produción propia do Centro Dramático Galego para esta temporada no que se fai unha viaxe pola Mariña lucense da man dunha tropa estrafalaria. Músicos, danzantes e cantores concentraranse nunha vella nave industrial en desuso para ensaiar números musicais para un spa que vai ser a revolución da zona.
Outras das citas do teatro pasan pola Feira Galega das Artes Escénicas (13-18 de outubro) ou pola FIOT, o Festival de Outono de Carballo que se desenvolve na primeira semana de outubro.
Un abano amplo e variado para todos os públicos, gustos e petos para que poidas planificar a túa axenda para os vindeiros meses.