A sede da SGAE en Santiago acolleu esta semana a presentacion A planificación estratéxica da cultura en España, unha publicación que fai unha aproximación á realidade de como se foron definindo as políticas culturais en España a través dunha amplia selección de experiencias. Nesa publicación coordinada por Félix Manito, deixan un oco para analizar os plans estratéxicos en diferentes comunidades autónomas. No caso de Galicia, o profesor da Universidade da Coruña Héctor Pose estuda as razóns que impediron o desenvolvemento de plans estratéxicos de cultura en Galicia. Falamos con el para coñecer as debilidades da planificación nos concellos.
No seu capítulo, Héctor Pose enumera as feblezas que detecta nas políticas culturais actuais en Galicia. Comeza falando da ineficacia en compatibilizar as competencias das diferentes administracións, pero non só entre elas e senón ademais delas cos distintos axentes públicos e privados (desde ONG, asociacións....) .
Héctor Pose valora as políticas municipais da cultura en Galicia

