Hoxe comeza unha das citas máis importantes da cinematografía, o Festival de Cannes. Un evento que, ademais da cita competitiva, conta cunha sección paralela de mercado (Marché du film), ao que asistirá Dygra coa versión inglesa de O espírito do bosque, a súa última longametraxe de animación que contará coas voces de Angelica Huston e Sean Astin. Unha produción que chegará ás carteleiras o vindeiro 5 de setembro.








