Liste, pronunciado Líster de Nós, Productora Cinematográfica Galega, Barreiros, motor humano de La Región, S.A, Kalapattar, aos pés do monte Everest de Ficción Producciones e Manuel e Elisa de Tic Tac Producciones son os catro documentais escollidos para o catálogo DOCS 08, o programa de promoción do documental do Consorcio Audiovisual de Galicia. Ademais da contía económica para actividades de promoción, elaborarase un catálogo que conterá dous DVDs que inclúen as obras en versión orixinal con subtítulos en castelán, inglés e francés.








