As favoritas eran O orfanato, As trece rosas e, por último, a produción rodada en Vigo, Sete mesas de billar francés. Sen embargo, A Soedade, a segunda longametraxe de Jaime Rosales, deu a sorpresa ao acadar os Goya a mellor director e mellor película. Con todo, O orfanato foi a gran vencedora ao facerse con sete estatuíñas, entre elas, mellor guión orixinal e mellor director novel. A conta galega incrementouse grazas a Nocturna, a produción de animación de Filmax feita no estudo compostelano Bren.








