Kurt Cobain: About a son (2006) de AJ Schack, o documental que gañou o premio á mellor película no último Festival In-Edit de Barcelona, estrea hoxe After hours. Trátase da nova sección que ten o Centro Galego de Artes da Imaxe para ampliar o seu horario de programación ata as 23:00 horas, un feito que facilita o acceso ás proxeccións. Dentro desta sección vanse proxectar ademais Election (Hak Se Wui) (venres 8), A xinecóloga e Túnel (venres 15), Election 2 (Hak Se Wui Yi Wo Wai) (venres 22) e Metal: A Headbanger´s Journey (venres 29).








