Poder lésbico e mulleres mediáticas (martes 2), Orixes do feminismo e loita social (mércores 3), A maternidade como problema (venres 5), Da reivindicación á suxeición (sábado 6) e Mentiras, mascaradas, performance (domingo 7) son os títulos que se poderán ver dentro do último ciclo de cine que organiza o Centro Galego de Arte Contemporáneo. Este evento fai parte das actividades programadas a propósito da exposición A batalla dos xéneros.
Máis información no web do CGAC








