Puntuación: 2.0/5 (115 votos)
1.
POESÍA EXPERIMENTAL. (BLOC )
CONTÉN:ZOOFILIA (serie de 16 caligrafos); PSINAIS (poemas autorreferenciais: máquinas semiópticas, abecedarios, sinais); monoLOGO (poemas visuais)
60 páxinas interiores, das cales 4 son a dúas cores, e tres portadas interiores que corresponden ás tres partes do bloc, tamén a dúas cores. Formato bloc A6 con solapa branca de cartolina e portadiña adherida en papel comercial beixe.
2.
COMA OS BARCOS CANDO ATRACAN
(poemas mínimos e qwertys)
18 páxinas interiores en papel de 90 gramos, grampadas en formato libro grampado. Portada en cartolina branca pregada.
Edición artesanal de 100 exemplares cuñados e numerados a man.
A actividade fundamental da corporación consiste na creación e difusión de poesía visual a través da rede aberta da arte correo. Así mesmo, parte desta creación artística é seleccionada e compilada en blocs que se autoeditan artesanalmente en tiradas de 100 exemplares numerados que se volven a distribuír de novo pola rede libertaria da arte postal.
[Presentación editorial]