Puntuación: 2.1/5 (54 votos)
Xavier Seoane (A Coruña, 1954) compaxina a poesía, o ensaio e mais a crítica de arte coa docencia, que exerce nun instituto da súa cidade natal.
A súa obra literaria inclúe libros en colaboración con Raúl Regueira, Manuel Rivas, Lino Braxe e Antón Patiño, ademais dos voIumes de reflexión e pensamento "Identidade e convulsión", "Reto ou rendición" e "O sol de Homero", ós que hai que engadir unha incursión na narrativa: "Abrelle a porta ao mar".
Con todo, a súa vocación principal é a poesía, con títulos como "A caluga do paxaro" (1979), "Os bosques encendidos" (1981), "O canto da terra" (1987), "Umbral de vida" (1996), "Don do horizonte" (1999) e "Dársenas do ocaso" (2002), que o fixeron merecer, entre outros, os premios Cidade da Coruña, Esquío ou Caixanova, e que o converten nunha das voces de referencia da Xeración Poética dos 80.
[Lapela do libro]