Otero Pedrayo publicou esta obra no ano 1932, tomando como unidad temática a oposición entre a vida da aldea e a vida da vila, un dos eixos característicos do pensamento da xeración Nós, á que el pertencía. Pero estes relatos salientan sobre todo pola capacidade do autor para combinar de maneira maxistral a imaxinación creadora cunha técnica case cinematográfica para recrear ambientes, poñendo ante o lector todo un espírito, un tempo e unha forma de vivir xa esvaecida.
O libro inclúe o relato "O fidalgo", unha das mellores mostras da narrativa breve galega e quizais o conto máis fermoso do autor.
[presentación editorial]