A pesar da súa breve biografía, Étienne de La Boétie pasou á historia do pensamento político pola súa obra A servidume voluntaria, unha obra que adquiriu gran relevancia nas disputas relixiosas do século XVI, ao ser utilizada polos protestantes na súa loita contra a monarquía católica francesa.
O texto comeza formulando un problema empírico: ¿por que as persoas viven baixo o imperio doutras persoas, renunciando a súa liberdade política? Case todas as persoas, constata La Boétie, viven baixo o xugo de reis, tiranos, funcionarios, líderes, etc. que as saquean economicamente e lles negan capacidade de decisión política.
Esas mesmas persoas, considera La Boétie, ben poderían recuperar a súa liberdade co simple xesto de non obedecer as ordes dos tiranos.
Porque a liberdade política significa “que as persoas existan para si mesmas”.
Porque a liberdade é un don conferido por Deus á natureza humana, en tanto que a servidume é produto do costume, da ignorancia e da falta de valor.
O texto, en definitiva, ten a virtude de clarificar un dos problemas centrais da teoría política: o problema da obediencia ao poder, fronte ao desexo natural do home pola liberdade. [Presentación editorial]