A trabe de ouro e outros contos Escritor/a:
Vicente Risco
Ed. Galaxia,
2004 | Clásicos
Puntuación: 2.3/5 (39 votos)
Os contos escritos en galego por Vicente Risco (Ourense, 1884-1963) son unha mostra excepcional de arte narradora, da capacidade para reelaborar a- tradición e redescubrir temas novos. Baseadas en lendas e crenzas populares, como a do lobishome e a dos mouros gardadores de tesouros fabulosos, moitas destas narracións vencéllanse coa nosa imaxinación colectiva como pobo. Noutras, o autor adiántase ao seu tempo para facer unha parodia crítica e mordaz, maxistral e divertida, dos comportamentos, roles e obsesións da sociedade de hoxe.
“A trabe de ouro e outros contos” iníciase con ‘Do caso que Ile aconteceu ó doutor Alveiros’, relato publicado por Risco en abril de 1919. Conto sobre o esoterismo, a maxia e o mundo de ultratumba, co que o autor contribuía a renovar o abano de temas que ata daquela eran usuais na narrativa galega. De 1925 son ‘O lobo da xente’ e ‘A trabe de ouro e a trabe de alquitrán’, ambos os dous relatos están baseados en lendas e crenzas de tradición popular. Pola súa banda, a sátira titulada ‘Os europeos en Abrantes’ formaba parte da que debería ser a primeira novela de Vicente Risco, e que o autor nunca chegaría a rematar. Así e todo, este texto pódese ler de mane ira autónoma, como un auténtico relato, sen perder poder de suxestión, interese nin mesmo actualidade.
[presentación editorial]