Unha perspectiva nova na educación teatral
Os xogos e actividades recollidos neste manual teñen como finalidade que calquera persoa vinculada coa interpretación teatral poida desenvolver a súa técnica sen inhibicións nin artificios
Para os máis interesados en mirar que en facer, o libro ofrece tamén unha boa oportunidade para explorar e comprender os procesos por medio dos que os intérpretes realizan o seu traballo.
Como actor e director profesional e como docente, o autor desenvolveu os seus "xogos teatrais" ao longo de moitos anos, nos que foi probando a súa pertinencia. Despois dunha breve exposición teórica, Clive Barker mostra como deseñar sesións de traballo e que destrezas interpretativas se desenvolven en cada xogo. [Presentación editorial]