Velaquí unha cartografía xeográfica, desde O Incio á Coruña, pasando por Monforte, Madrid e varios países centroeuropeos, que nos retrotrae aos pasos, pensamentos e creación literaria dun escritor vocacional, un espírito culto, inconformista e rebelde, que, malia á adversidade dolorosa asexante, se nega a entregarse á rendición definitiva, radicalmente provocador, comunicador de vida e alento emocional humano como epicentro de existencia auténtica aberta ao mundo plural, mais interpretado desde aquí, desde nós.
Unha palabra impresa que nos lembra a beleza das palabras e a forza do seu compromiso ético atemporal e sempre de actualidade. [Presentación editorial]