Unha década de literatura infantil e xuvenil en galego recompila recensións críticas publicadas entre o anos 2003 e 2009 no suplemento literario "Faro da Cultura" do Faro de Vigo, A Nosa Terra e o Cartafol de Libros do portal Vieiros, do que o autor foi coordinador.
Recóllense aquí 34 artigos sobre obras dirixidas ao público infantil e xuvenil, precedidas dun ensaío máis amplo que ofrece unha panorámica desta literatura en Galicia. O critico sinala aquelas obras que conteñen interese literario e ao mesmo tempo didáctico, baseándose na súa experiencia como docente. Sen dúbida, esta compilación será de interese para mestres e proxenitores que precisen unha guía para a lectura dos seus cativos e non se deixen seducir pola simple oferta das mesas de novidades. [Contracapa do libro]