Dende as páxinas do xornal Faro de Vigo, dúas veces á semana, Xosé
Luis Méndez Ferrín ofrécenos o seu pensamento libre, galeguista,
orixinal e autónomo, ás veces tamén polémico, en dúas seccións fixas:
Os camiños da vida e Segunda feira. O presente volume reúne, baixo
o título "Un escritor nos xornais", as colaboracións do escritor ó longo
do ano 2000, revisadas e corrixidas polo propio autor para esta edición.
A súa forte personalidade, o seu estilo inconfundible e os asuntos
diversos que aborda, sen renunciar ás cuestións máis candentes,
convertérono en referencia obrigada dos lectores de opinión na prensa
galega. Non disimula a homenaxe a un dos seus máis admirados
mestres, Ramón Otero Pedrayo, de quen no seu día pediu prestado
o nome dunha destas seccións. Margarita Ledo Andión, catedrática
de Comunicación audiovisual da Universidade de Santiago de
Compostela, apunta no limiar a estas páxinas algúns dos aspectos máis
significativos do discurso xornalístico do escritor. [contracapa do libro]