Puntuación: 1.7/5 (42 votos)
Raimundo García Domínguez "Borobó" é o creador dun xénero especialmente orixinal no columnismo galego. Os seus célebre "Anacos", redactados enriba da platina, na tensión diaria que caracteriza o traballo do xornalista, constitúen de seu unha crónica continuada do acontecer, relato deslumbrante do día a día, tal que retallos de vida, que o autor detecta e ordena. Poucos profesionais do xornalismo lograron un estilo tan persoal. Os textos que recollemos neste volume son unha mostra viva do xénero, mais tamén a expresión dunha actividade que non cesa. Ensarillados nestes "novelos", os seus "anacos" configuran un discurso autónomo que é tamén, cando menos neste caso, o discurso da memoria: amigos, veciños, lembranzas de días pasados, reconstrucción dun espacio próximo e, sen embargo, non sempre coñecido, lecturas, confidencias, estampas, emocións... O lector ten nas súas mans un anaco de historia, ou mellor, unha memoria do tempo, escolmada pola lucidez vigorosa do escritor, que combina sabiamente intelixencia e humor, información e recordos, producto dunha memoria prodixiosa, descubridora e amena.
[contracapa do libro]