Velaquí unha novela aberta, en certo xeito inconclusa, tronzada pola morte repentina do seu autor: derradeiros fragmentos dun longo retrato a través do cal o escritor establece unha nova forma de relación cos lectores. Durante 14 anos, dende as páxinas de La Voz de Galicia, Carlos casares debullaba diariamente a súa particualr lección de xornalismo. Estilo pulcro, accesible, consciente da pluralidade da públicos aos que se dirixía. Na mellor tradción dos dietarios, o lector ten nas súas mans unha pequena xoia da nosa literatura máis próxima. [contracapa do libro]