Velaquí a crónica dun tempo de extraordinario vigor na cultura galega, narrado na voz dunha testemuña excepcional.
Xosé Neira Vilas viviu na cidade de Buenos Aires entre 1949 e 1961, data na que, xunto coa súa compañeira, Anisia Miranda, pasa a residir na Habana, incorporado ao proxecto político e social que empezaba a vivir a illa do Caribe. Algúns dos grandes acontecementos da cultura galega no exilio americano evócanse nestas páxinas coa pulcritude dunha cronista esixente, que non renuncia a unha ollada de saudade. [Presentación editorial]