Evocación relatada con sensibilidade literaria e emocional, "Tempo do pai" é a biografía de Xosé María Álvarez Blázquez escrita desde a lembranza íntima dos instantes e das imaxes que configuran a memoria do seu fillo, o poeta Xosé María Álvarez Cáccamo.
Memoria fiel que parte da verdade persoal, o libro tamén acolle o testemuño da xente próxima a aquel acontecer vital e a interpretación dos textos literarios e de investigación a través dos que se manifesta a experiencia e o pensamento do home, do escritor e do activista cultural que foi Xosé María Álvarez Blázquez. [Presentación editorial]