ALFA E OMEGA.
"Estas dúas letras gregas, inicial e terminal do alfabeto, significan por iso mesmo o principio e a fin de todas as cousas [...].
Pola súa forma, a letra alfa relaciónase co compás, atributo do deus creador; mentres a omega seméllase á lámpada, ao fogo da destrución apocalíptica.
Por outra banda, téñense asociado animais ao seu simboloxismo. Na portada dun manuscrito de Pablo Osorio, do século XII, aparecen, respectivamente, como paxaro e peixe, é dicir, como abismo superior e inferior." (Juan Eduardo Cirlot)
Na fórmula abstracta destes dous seres, que se achan nunha situación liminal, quizais poderiamos abismarnos todas e todos. Porque logo dunha apocalipsis cum figuris emerxería unha xénese sen elas. do branco, do xeo, crioxénese. [Presentación editorial]