Misterio en Guernica, gañadora do III Premio Internacional Barriga Verde de Textos para Teatro de Monicreques 2005 organizado polo IGAEM, definida como “Epifanía entre viacrucis e tableau vivant”, é unha peza, na que, inicialmente, oito personaxes, tanto animais como humanos, aparentemente descoñecidos, van realizando unha viaxe para atopar mellor destino, fuxindo dun país que iniciaba a súa longa noite de pedra, e que a cada etapa se nos van facendo máis próximos até converterse, coa chegada dun neno sorprendentemente precoz e falangueiro, nos tráxicos protagonistas dun episodio de guerra inmortalizado na nosa memoria colectiva.
Ilustración da capa de José Tomás. [Presentación editorial]